Site icon Crónica3.com A Mariña

A AD Salto do Coro prepara actividades na natureza

rshrthyrtyerA Asociación Salto do Coro presentou este xoves o traballo que vai realizar coas súas actividades na natureza. Así, a asociación presentou a súa campaña de Rutas de Sendeirismo por Mondoñedo onde se farán distintas variantes en cada convocatoria segundo as idades dos participantes, con máis e menos distancia a percorrer e coa axuda dos voluntarios da asociación.

Realizaranse rutas en bicicleta. As rutas serán rutas “familiares”, onde os alumnos irán acompañados de adultos en rutas sinxelas que todos poidan realizar.

Realizaranse campamentos urbanos onde os nenos poden gozar de actividades distintas como a escalada, rutas de sendeirismo, orientación,…

Colaboración con Ingeteam e o Concello de Abadín
A empresa INGETEAM colabora en todas estas actividades que organizará a asociación nesta campaña de actividades na natureza do mesmo xeito que nas actividades que realiza a asociación en Abadín e en todas aquelas actividades de formación que organiza para os voluntarios da asociación (cursos de primeiros auxilios, socorrismo,…). En todas estas actividades asociación e empresa tentan que os empregados da última se involucren nas mesmas.

Todas as actividades organízanse para todo grupo de idades e colectivos.

INGETEAM xa está a colaborar nas actividades que a Asociación fixo no colexio CEIP AQUILINO IGREXAS ALVARIÑO de Abadín de fomento do dúatlon, atletismo ou nos adestramentos que están a realizar nesta localidade.

Exit mobile version