Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda de Música de Foz honra á patroa dos músicos, Santa Cecilia, cun concerto e unha cea

O pasado sábado 19 de novembro, a Banda de Música de Foz conmemoraba como cada ano á súa patroa -Santa Cecilia, o 22 de novembro- cun concerto na Sala Bahía de Foz que continuaba coa tradicional cea á que asisten músicos, familia e autoridades.

A banda de música de Foz que foi formada por D. Arcadio Mon no ano 1993, na actualidade é dirixida por D. Abel Riveira. Abel estreábase coa banda hai un ano co concerto de Santa Cecilia do ano 2015. “É por iso que este concerto era para min un pouco máis especial se cabe”, explica o director da formación.

A banda deleitou ao público con varias obras, entre elas podemos destacar a polka Glissandos que Xabi, Iván e Mateo interpretaron como trombóns solistas e o coñecido Concerto de Aranxuez onde Abel cedeu a batuta ao tenor Alberto Veiga e acompañou aos músicos coa trompeta.

A continuación todos celebraron unha cea onde ademais dunha boa comida entregouse a primeira edición dos premios “Santa Icía 2016” onde se recoñeceu o bo traballo dos músicos durante todo este ano.

Exit mobile version