Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña da Federación de Comercio A Mariña remata este sábado 26 de novembro no Vicedo

A Mariña, 21 de novembro de 2016. A campaña da Federación de Comercio A Mariña remata esta semana no Vicedo. O 26 de novembro terá lugar o sorteo de 2.000 euros en vales compra para gastar nos locais asociados a Acia vicedense.

Durante estes días os clientes que fagan as súas compras ou consuman na hostalaría local deberán gardar os seus tíckets de compra para despois o sábado, 26 de novembro, dirixirse á carpa de A Mariña Federación, que estará situada fronte á Casa da Cultura, e alí obterán as rifas para participar no sorteo presencial que se celebrará ás 20.30 horas desa mesma xornada. A organización dará unha rifa por cada tícket superior aos 10 euros.

Os 2.000 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados á Acia do Vicedo repartiranse en 10 premios de 100 euros cada un, un premio de 200 euros, un premio de 300 euros e un premio de 500 euros.

A Federación de Comercio A Mariña sorteou durante estes dous meses, outubro e novembro, un total de 12.000 euros en vales de compra entre os clientes dos locais asociados. Xa se celebraron os sorteos en Viveiro, en Ribadeo, en Foz, en Burela e en Xove. A campaña remata este sábado, día 26, en O Vicedo.

Exit mobile version