A concelleira socialista dixo que “este proxecto sobre a memoria dixital lucense é un banco de recordos audiovisual, promovido pola Deputación dentro do programa de promoción da autonomía dos maiores da provincia a través das novas tecnoloxías que xestiona a Fundación TIC”.
Patricia Otero engadiu que “o Concello de Burela a través da súa delegación de Servizos Sociais súmase a esta memoria dixital de Lugo, e deste xeito contribuiremos a crear entre todos un banco de recordos que nos axudará a coñecer o noso pasado e entender mellor o noso presente”.
Nesta xornada dirixida a persoas maiores de 55 anos, ensinóuselles a dixitalizar as fotos antigas que aportaron os participantes e coas que se realizou un álbum.
A edil de Servicios Sociais asegurou que “foi unha xornada moi participativa e produtiva na que a través de fotos antigas, os asistentes fixeron un percorrido polas súas vivencias pasadas”.