Os Aventados recordan a festa de San Andrés coa proxección dun audiovisual para contar quen somos. “San Ciprián, unha balea durmida” foi elaborado coa participación de 21 persoas nativas do pobo que contan a súa historia. A proxección levarase a cabo o mércores 30 de novembro a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura.