Site icon Crónica3.com A Mariña

A loita contra o cancro en Radio Burela

rb-cancrO programa Parolando do xoves 24 de novembro falaba da loita contra o cancro e dunha admirable iniciativa levada a cabo o pasado fin de semana en Viveiro: a actividade bautizada como “Un día con nosotras”. Tivemos connosco nos estudos da Radio Burela ás tres organizadoras do evento: Isabel Casas Pérez, propietaria de la pizzería Sixties; Ángeles Galdo, copropietaria del Hotel Val do Naseiro, e Teresa Pérez Rodríguez, psicóloga, fisioterapeuta e coach e propietaria e directora do centro de psicoloxía e coaching E-Movere. Tamén estiveron connosco Beatríz Píñon, representante da Asociación Española contra o Cancro en Viveiro e Dulce María e Piedad, representantes da asociación Esperanza, de Burela, que organiza diversas actividades para colaborar na loita contra o cancro. No aspecto médico contamos coa presenza de Carlos Fraga, médico Presidente do Comité de Paliativos na Mariña Lucense. O programa non só resultou didáctico e positivo no aspecto médico, senón tamén moi sentimental e aleccionador no aspecto humano.

Exit mobile version