Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña Federación reparte 2.000 euros en premios en Xove

sorteo-xoveO pavillón polideportivo de Xove acolleu o sábado á noite o sorteo de 2.000 euros en vales de compra para gastar ao longo dos próximos días nos locais asociados á Aciam da localidade. Repartíronse 10 premios de 100 euros en vales cada un, un de 200 euros, outro de 300 euros e un máis de 500 euros. A cita ía celebrarse na carpa da Mariña Federación, na praza do Concello, pero debido ao temporal de vento e choiva que onte sentiu na comarca desenvolveuse no pavillón, onde desprazáronse ducias de veciños e veciñas.

A campaña da Federación de Comercio A Mariña arrincaba o pasado 10 de outubro e concluirá o vindeiro venres, 26 de novembro, no Vicedo. Ata o momento repartiu 10.000 euros en premios: dous mil en Viveiro o día 15, dous mil en Ribadeo o día 22, outro dous mil en Foz o 29 de outubro, 2.000 euros o 12 de novembro en Burela e outros 2.000 onte, día 19, en Xove.

Exit mobile version