Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco organiza unha nova Festa da Palabra entre o 14 e o 16 no Cenima de Foz

A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco vai organizar o 14, 15 e 16 de novembro unha nova edición da Festa Palabra, consistente nun concerto e en dous recitais poéticos que se celebrarán no salón de exposicións do CENIMA de Foz a partir das 20:30.

O programa de actos é o que segue:
O luns 14 ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz concerto de rock a cargo do grupo “Fran Amil e a tribo incomprensíbel” que presentaran o seu disco “ A voz do vento”, sobre poemas do poeta chairego Manuel María.

O martes 15 ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz recitará os seus versos a poeta Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos e onde exerceu como mestra.

O mércores 16 de Novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz co recital doutra persoa moi vinculada A Mariña, como é o xornalista Miguel Sande, Delegado de “La Voz de Galicia” na Mariña.

Exit mobile version