Site icon Crónica3.com A Mariña

A ruta de tapas de Lourenzá reparte 225 euros en vales de compra entre o 18 e o 20 de novembro

Os días 18, 19 e 20 de novembro, 8 bares de Lourenzá van participar nunha ruta de tapas organizada pola ACIAL. Participa Bar Cabaleiros, Vinoteca Morrigan, Trasgu, O Torreón, Bar Cantón, Cafetería Galaxia, Mesón O pipote, Restaurante La Unión. O prezo das tapas será a 1,50€.

Van sortear 225 € en vales de compra, repartidos en 3 vales de 75€ para gastar nos comercios asociados. Para poder participar neste sorteo, nos establecementos participantes na ruta haberá uns cartóns os cales deberán ser cubertos co selo de cada establecemento participante (8 selos diferentes). Unha vez cuberta deberá depositala en calquera das urnas que hai en cada local. O sorteo dos vales terá lugar o martes 22 de Novembro nun dos bares participantes. Por sorteo, este bar será o Bar Cantón.

Dende a Acial agardamos que tanto visitantes coma participantes disfruten desta ruta.

Exit mobile version