Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro recolle alimentos

A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, a través das oito que a constitúen, participará na campaña de recollida de alimentos en diferentes supermercados o venres 25 e o sábado 26, colaborando unha vez máis co BANCO DE ALIMENTOS. A recollida será para axudar a familias con necesidades. Estanse confeccionando as quendas e, por iso, chaman aos cofrades que queiran axudar a facer constar a súa dispoñibilidade horaria.

Exit mobile version