Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición do 6 concurso de karaoke de Xove

cartel-karaoke-ano-2016Xove 29-11-16.Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o concurso de karaoke, que este ano celebra a súa sexta edición, o venres, 23 de decembro.

Este Concurso presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18; veteranos para  maiores de 18 anos.

As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén  podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así se solicitan.

A inscrición(gratuíta) xa está aberta. Pódese facer presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade, e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 23 de decembro e estará aberta tamén este mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 16  de decembro ás 14:30 horas.

 Os premios serán os seguintes

Peques.

Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros

Iunior

Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros

Veteranos

Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros

 

Estes premios, a diferencia de anos anteriores, vanse entregar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo.

Exit mobile version