Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición no curso de impresión 3D e o obradoiro de radio en Burela

Burela, 21 de novembro de 2016. A Concellería de Xuventude ten aberto o prazo para participar no curso de Impresión 3D e para o obradoiro de radio, que se enmarca dentro da programación da Casa da Xuventude.

Para a celebración de ambas actividades é preciso un mínimo de 10 alumnos en cada unha delas e as persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Xuventude, no número de teléfono 982 581 141 ou en casaxuventude@burela.org. O prezo da inscrición é no caso do obradoiro de radio 15 euros e no curso de impresión 3D 5 euros.

Entre as actividades programadas pola Concellería de Xuventude para este último trimestre do ano tamén figura o obradoiro de retrato debuxado, que xa se está a celebrar.
Ademais no vindeiro mes de decembro terá lugar unha actividade de multiaventura en familia con orientación e tirolina con rappel.

Exit mobile version