Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición para participar nunha observación astronómica organizada por Chao de Castro Altair

O Grupo Educativo Chao de Castro Altair (https://chaodecastro.wordpress.com/) e a ETL Altair Galiza (https://etlaltairgaliza.wordpress.com/) organizan unha observación astronómica de balde e aberta a todos os públicos que terá lugar o próximo sábado 19 de novembro entre as 18:30 e 22:30 horas en Burela.

A actividade dará comezo ás 18:30 horas, no Hotel Nordés, cunha breve exposición, a cargo de Alfredo Madrigal, sobre orientación no ceo e sobre cuestións xerais de astronomía que para o público presente podan ser de interese.

A observación será no paseo marítimo (no espigón da praia do Cabaliño) e estará disponíbel até as 22:30 horas do 19 de novembro para todo aquel que se queira acercar a dar unha vista de ollos. Na actividade vanse utilizar telescopios profesionais propiedade da Agrupación Astronómia Io da Coruña (http://agrupacionio.com/es/) mais, se alguén ten un telescopio na casa e quere traelo pode aprobeitar e facelo.

Desde Altair agradecemos a colaboración na oranización desta actividade da Agrupación Io, a Area de Cultura da Deputación de Lugo, o Hotel Nordés e o Concello de Burela.

O Grupo Educativo Chao de Castro Altair desenvolve as súas actividades dirixidas a rapaces e raparigas de entre 7 e 17 anos todos os sábados entre as 16 e 19 horas na Casa da Xuventude de Burela, abertas quen queira inscribirse.

Exit mobile version