Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto ata o 20 de decembro o prazo de solicitude de subvencións municipais da área de cultura do Concello de Ribadeo

Ribadeo, 24 de novembro de 2016. O Concello informa que saíu a convocatoria pública de subvencións municipais, polo sistema de concorrencia competitiva, para a Área de Cultura.

As bases e toda a documentación atópanse colgadas na web do Concello www.ribadeo.gal.

O prazo para solicitar ditas subvencións, segundo sinalan desde a Concellería de Cultura, deu comezo este luns pasado, 21 de novembro, e remata o vindeiro 20 de decembro.

Exit mobile version