Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña acolle o 27 e 28 de novembro un curso de perruquería e maquillaxe

Burela, 22 de novembro de 2016. Profesionais de barbería de toda A Mariña reúnense o domingo e o luns, 27 e 28 de novembro, nas aulas de Academia A Mariña para analizar as novas técnicas en barbería e maquillaxe para a nova tempada. Este seminario será impartido polos técnicos e especialistas Rodrigo Pousada, que presentou o desfile Fashion Look 2015 xunto ao seu equipo, as súas técnicas de corte, peiteado e recolleito 3.1 inspirados na deconstrucción, e polo profesional Marcelo González.

Os contidos para traballar apoiaranse nunha demostración que abarque as técnicas british, corte&brushing e recolleitos 3.1, ao que dedicarán 6 horas de práctica. O curso de maquillaxe, que será impartido por Marcelo González, centrarase na teoría da cor e a importancia da luz, así como nas correccións do rostro e os seus partes, pechándose coa explicación do método contouring e novas tendencias.

Este seminario impartirase os días 27 e 28 de novembro. O domingo impartirase de 10 a 12 horas pola mañá e de 15 a 21 horas pola tarde e o luns será de 10 a 13 horas e de 15 a 20 horas.

Exit mobile version