Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña imparte cursos gratuítos de aplicador – manipulador de produtos fitosanitarios

Burela, 8 de novembro de 2016. Desde a Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, Academia A Mariña foi beneficiaria dunha subvención para a organización e impartición de cursos de APLICADOR – MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS (nivel básico), cofinanciados ao amparo do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Estas accións formativas están orientadas, en termos xerais, a persoas con expectativas de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, e dirixidas especialmente á mocidade e ás mulleres do medio rural.

Os cursos, que son totalmente gratuítos para os alumnos, desenvolveranse neste mes de novembro de 2016, de aí a necesidade de que os interesados inscríbanse canto antes, a través da web www.amarina.org ou do teléfono 982 585 098.

Exit mobile version