Santiago de Compostela, 07 de novembro de 2016.- O programa “Almorz@ con Beizos Brancos” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” recala mañá nas aulas do colexio Vista Alegre co obxectivo de difundir hábitos nutricionais saudables.
A xornada comezará cunha charla educativa sobre os mellores alimentos para consumir á hora do almorzo, seguida por unha actividade lúdica na que se mostrará o proceso que segue o leite desde a granxa ata que chega ao consumidor.
Para terminar, os escolares probarán un completo xantar con alimentos non procesados industrialmente.
CEIP Plurilingüe Vista Alegre, Rúa Mestre Don Camilo s/n (Burela)
Martes, 8 de novembro – 11:00 a 12:15h.