Site icon Crónica3.com A Mariña

Andaina, fútbol sala, charlas e obradoiros para loitar en Xove contra a violencia de xénero

Con motivo do Día Mundial contra a Violencia de Xénero, o Concello de Xove, a través da OMIX e a Concellería de Igualdade, vai organizar e participar durante os días 25, 28 e 30 do presente mes nunha serie de actividades:

– DÍA 25 DE NOVEMBRO:
De 12:00 a 13:30 h: o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Socias Ana Abad, van participar no Acto Institucional Conmemorativo que se vai desenvolver no IES Perdouro de Burela, acto que está organizado pola Rede de Puntos Limpos de Residuos Machistas da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

18:30 h. Partido de Fútbo Sala Mixto no Pavillón de Deportes de Xove.

20:00 h.- 2ª ANDAINA contra a Violencia “Xove camiña pola igualdade”. Vaise saír da Praza do Concello, continuando por: Rúa Tomás Maríño, Avenida Deputación, Rúa Accesos Agramonte e chegada á Praza do Concello.

– DÍA 28 DE NOVEMBRO:
De 16:00 a 19:00 h: na Aula de Formación do Concello vaise impartir unha charla sobre SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ao persoal técnico municipal dos concellos que integran a Mariña.

-DÍA 30 DE NOVEMBRO:
17:00 horas. XORNADA FORMATIVA SOBRE A SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS. Vaise desenvolver na Oficina de Información Xuvenil, coa colaboración da Garda Civíl, a través do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y su entorno. Vai dirixido a rapaces/as maiores de 10 anos.

Exit mobile version