Dende a quinta praza, con 15 puntos, o cadro mariñán intentará recuperar o positivismo do triunfo tras o tropezo da semana pasada tamén con aroma a duelo galego, na pista do Poio. Enfronte terá a un Ourense que non coñece a derrota; ata o momento tan só Alicante (3-3, xornada 6), Txantrea (1-1, xornada 3) e Poio (1-1, xornada 2) foron capaces de facer puntos fronte ás pupilas de Chipi. A 10 laranxa é moi consciente desa complexidade, e máis nunha semana na que o equipo chega algo xusto de efectivos; non obstante, Vista Alegre e o afán de superación das burelistas fan que todo sexa posible: “Esperamos facer un bo partido, aínda que temos xente tocada que é moi importante para nós; esta semana foi un pouco atípica, non puidemos adestrar en plenas condicións. Pero a realidade é que precisamos sacar os tres puntos sexa como sexa así que estamos moi motivadas e con moitas ganas”.
Lucas e Julio decidirán a convocatoria definitiva mañá tras o quentamento; Cilene, Bea Mateos e R. Betim chegan con molestias.
Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira.