Site icon Crónica3.com A Mariña

Augas de Galicia colabora con tres concellos da Mariña lucense impulsando melloras na rede de abastecemento e saneamento por importe de 8.350.000 euros

– Primeiro: MONDOÑEDO

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a execución da actuación de «Renovación da tubaxe de abastecemento na avenida de Bos Aires en Mondoñedo. Concello de Mondoñedo, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Obxecto: Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na «Renovación da tubaxe de abastecemento na avenida de Bos Aires. Concello de Mondoñedo», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

Orzamento: 150.000 euros

– Segundo: CERVO

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cervo para a execución da actuación «Renovación da rede de abastecemento de auga potable na urbanización Riocovo. Cervo (Lugo)», cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Obxecto:

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cervo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na «Renovación da rede de abastecemento de auga potable na urbanización Riocovo. Cervo (Lugo)», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

Orzamento: 200.000 euros

– Terceiro: FOZ

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Foz para a execución da actuación «Saneamento e depuración en Foz. Concello de Foz (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Obxecto:

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Foz para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no «Saneamento e depuración en Foz. Concello de Foz (Lugo)», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

Orzamento: 8.000.000 euros.

Exit mobile version