Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle o luns 7 de novembro un obradoiro sobre hábitos alimentarios saudables

Burela, 4 de novembro de 2016. Burela acollerá un obradoiro sobre hábitos alimentarios saudables, que terá lugar o vindeiro luns, día 7.

O título deste obradoiro é Alimenta-Tic. Educación de hábitos alimentarios correctos a través das TICs.
A xornada desenvolverase no Centro de Formación Ocupacional de Burela e dará comezo ás 16:00 horas prolongándose ata ás 19:00 horas.

A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, salienta que “o obradoiro está baseado no coidado da saúde a través da alimentación”.

A edil socialista engade que “se impartirán hábitos saudables, receitas, produtos e demais para coidar e vixiar o que comemos adaptado ás novas tecnoloxías. Tamén se incluirá unha merenda saudable para os asistentes”.

Este obradoiro está organizado pola Deputación de Lugo e a Fundación TIC, cos que colabora o Concello burelés.

Exit mobile version