Pablo, natural de Riotorto, milita agora no Lugo xuvenil. Deu os seus primeiros comenzos no mundo do fútbol e fútbol sala nas Escolas Deportivas de Lourenza, igual que o seu irmán Andrés, militando nos equipos benxamín e alevín de fútbol sala e fútbol 8; e xogando diversos torneos tamén en categoría infantil e cadete.
A directiva trasládalle a noraboa a él e a toda a súa familia. “Todo o traballo e o esforzo realizado ten esta enorme recompensa. Agora a disfrutar do momento”.