Site icon Crónica3.com A Mariña

Charlas, teatro e folletos informativos contra a violencia de xénero en San Cibrao

pres-actos25n-sanciCervo, 22 de novembro de 2016. O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con diversos actos que se celebrarán no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao este sábado, día 26, a partir das seis da tarde.

No programa de actividades para esa xornada, baixo o lema Nin unha menos, inclúese unha mesa redonda sobre a violencia de xénero na que participarán representantes da Xunta de Galicia, da Garda Civil e da Subdelegación do Goberno. Tamén haberá unha representación teatral a cargo do grupo Ardora e un acto simbólico en recordo das vítimas.

Ademais no IES Marqués de Sargadelos entregaranse aos estudantes folletos informativos sobre como identificar os primeiros xestos de maltrato e que facer ante esa situación.

Estes actos, que foron presentados este martes, están organizados polo Concello de Cervo coa colaboración das asociacións As Espalladoras, Mulleres de San Ciprián, Mujeres en Igualdad Cervo e Alborada de San Ciprián.

Exit mobile version