A seguinte charla será o vindeiro xoves, día 17, ás oito da tarde, cando a pediatra Mercedes Rodicio falará de obesidade infantil e alimentación do neno san. E o día 24 rematará o ciclo co reumatólogo e médico de familia José Manuel Lema Gontad, quen ofrecerá unha charla sobre a artrose.
Desde o Concello de Foz agradecen ao Hospital da Costa, ao equipo directivo e aos médicos, a súa implicación para que sexa posible organizar estas charlas de interese para os veciños.