Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso esixe medidas urxentes para acabar coa crise en Galicia

Santiago de Compostela, 17 de novembro. Compromiso por Galicia non se imaxina que máis ten que pasar para que os nosos gobernantes asuman as súas políticas erradas e cambien a dirección que empobrece cada día máis ao pobo galego.

Os datos de desemprego son alarmantes, a situación dos traballadores é cada vez máis precaria e as previsións non son nada optimistas. Un estudo do BBVA confirma a inexistencia da recuperación que nos venden os gobernantes do Partido Popular.

Hai unha previsión de crecemento inferior en Galicia para o 2017, pasando do 2,8 ao 2,1%.As perspectivas de creación de emprego redúcense a metade quedando nun simbólico 1%, tendo en conta que o diferencial do paro entre Galicia e España reduciuse a metade. Os datos da débeda pública certifican unha negra realidade que se ve distinta desde as cadeiras do poder.

Agora que comenzamos novas lexislaturas en Galicia e tamén en España é preciso que se poñan as pilas e deixen de enganar á xente. Necesitamos unha total transparencia nas contas públicas para focalizar máis nas necesidades da xente. Apoio aos autónomos e as pequenas empresas, fortalecemento do sector primario, protección dos dereitos dos traballadores, loita contra a corrupción, etc…

Necesitamos unha xestión eficaz en materia sanitaria e educativa, que haxa confianza nos políticos e que se lle devolva ao pobo todo o que se lle roubou. É urxente crear un clima de dinamismo e adoptar medidas a favor dunha maioría social que vive afogada polas malas decisións dos nosos dirixentes.

Exit mobile version