Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia critica que “a Xunta oculta a mala xestión”

Santiago de Compostela, 24 de novembro. Compromiso por Galicia quere expresar a súa preocupación pola política trileira da Xunta de Galicia, cun presidente do goberno, que fixo da súa boa xestión unha bandeira para buscar votos por todo o noso territorio e polos platós de televisión, cando día a día se demostra que estamos ante un exercicio de cinismo e ilusionismo político.

Segundo os datos do Ministerio de Hacienda, a Xunta de Galicia paga aos seus provedores en 19 días, acumulando atrasos con respecto a meses anteriores e sendo a oitava comunidade na clasificación estatal.

Pero a situación non deixa de ser grave, porque non se teñen en conta un feixe de organismos dependentes da administración que non renden contas ao ministerio.

Tampouco se teñen en contra outras entidades como a empresa pública sanitaria Galaria ou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nos dous casos cunha morosidade por riba dos 250 días ( 255 e 277 respectivamente).Ao referirnos a dous organismos relacionados coa sanidade e os servizos sociais, a nosa preocupación crece pensando nas consecuencias que isto pode ter nos usuarios finais.

Un goberno debe predicar co exemplo, respectar os prazos de pago, render contas con transparencia, porque senón estará, como é este o caso, enganando a todo un pobo e confirmando a súa incapacidade para xestionar este país, máis alá da propaganda e das mentiras.

Exit mobile version