Site icon Crónica3.com A Mariña

Dispoñible o vídeo da segunda mesa redonda das Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo en Viveiro

A Mariña, 23 de novembro de 2016. Xa está na internet o vídeo da segunda mesa redonda das Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que se celebrou en Viveiro o pasado día 12 deste mes. Pódese ver e escoitar a través desta ligazón: https://youtu.be/cZ69_ff4tv4.

A montaxe, realizado por ElFarero Audiovisuais, inclúe tamén fotografías doutros momentos do evento, como a visita a Viveiro guiada polo cronista oficial do municipio, Carlos Novo, e as degustacións nas que participaron David del Cura, director e presentador do programa O Compás, de Onda Cero Radio; Javier Cancho, editor e presentador do informativo matinal na Televisión do Principado de Asturias; e José Manuel García, director e presentador do programa Come e Fala, na Radio Galega.

A mesa redonda, que se celebrou no salón multiusos do Concello de Viveiro, foi moderada por Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación. Ao finalizar interveu a concelleira de Turismo en Viveiro, Marisol Rey, e entre os asistentes estiveron tamén o presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Basilio Otero; o presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas; o vicepresidente e a xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro, Ángel Vázquez e Isabel Méndez; a responsable da área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García; a directora de Profesionalización de Turismo de Galicia e responsable do Centro Superior de Hostalería desta comunidade, Marta Fernández; o concelleiro e deputado popular no Congreso, Jaime de Olano; o portavoz do PP no Concello viveirense, Antonio Bouza; o entón deputado autonómico e agora delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro; e o secretario de organización do PP na provincia, Daniel Vega, que desde este martes é tamén deputado no Parlamento de Galicia.

As Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo están promovidas pola Federación de Comercio A Mariña e organizadas por Faro Norte Comunicación.

Exit mobile version