Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea insta a Fomento a aprobar un Plan integral de mellora da antiga liña Feve Ferrolterra-Ortegal-A Mariña

fernan-velloMadrid, 21 de novembro de 2016. Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández presentaron unha Proposición non de lei no Congreso na que instan ó Ministerio de Fomento a aprobar o Plan de Mellora Integral da antiga liña Feve e levar a cabo unha serie de medidas.

“Pedimos que se mellore o material rodante e a introdución de novas unidades máis modernas e actualizadas co obxeto de poñer fin aos continuos problemas de averías e interrupcións da circulación”, asegura o deputado por Lugo.

En Marea tamén instá ó Ministerio a aumentar a dotación de persoal de xeito que todos os servizos conten con interventores (revisores), a que se repoñan os postos de maquinistas e se proceda a reforzar o cadro de persoal dos talleres de mantemento e reparación de Ferrol.

Entre outras medidas, os deputados tamén piden que se faga “unha limpeza de todo o perímetro da vía férrea” e dotar ás estacións de tren e os apeadoiros ferroviarios do suficiente persoal para atender as usuarias e usuarios.

En Marea tamén fai especial fincapé na necesidade de “incrementar os servizos ferroviarios”,para que existan como mínimo frecuencias de tren a primeira hora da mañá, na franxa do mediodía e pola tarde/noite.

Finalmente, os deputados insisten na importancia de que o plan sexa “integral” e se mellore a infraestructura e o mantemento das vías.

MARIÑA
Fernán Vello destaca especialmente o caso de A Mariña: “En varias iniciativas parlamentarias xa destacamos o déficit en materia de ferrocarril que ten A Mariña. Carece de conexións de tren propias dos tempos actuáis”.

O deputado insiste en que estamos ante un caso especialmente chamativo, dado que Lugo “é a provincia máis deficitaria en materia de ferrocarril e a comarca de A Mariña, a cara máis ilustrativa desa deficiencia”.

Ante esta situación, o deputado considera “un clamor social unánime” que o Ministerio de Fomento proceda á realización de urxentes melloras na antiga liña Feve, que podería ter “unha gran potencialidade si se realiza unha modernización da mesma”.

“De existir unha vontade política, podería funcionar como un tren de cercanías entre Ferrolterra e A Mariña, dúas zonas con un importante potencial económico e industrial”, conclúe.

Exit mobile version