Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do X Concurso de Microrrelatos e VI de Lemas para conmemorar o 25N

Burela, 26 de novembro de 2016. O salón de plenos do Concello acolleu este venres a entrega dos premios aos gañadores do X Concurso de Microrrelatos e do VI de Lemas, convocados polo CIM e pola Concellería de Igualdade de Burela, para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Os encargados de presidir o acto foron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira Patricia Otero.

“O galo mazarico”, de Alejandra Fernández Castiñeira, foi o Microrrelato gañador na primeira categoría, a de menores de 18 anos. E “Agora sábeo”, de Delia Polo Losada, foi o gañador na segunda categoría, a de maiores de 18 anos. O premio da primeira categoría estivo dotado con 75 euros e o da segunda con 150 euros.

E a frase “O amor é unha vitoria, a violencia un fracaso”, de Miguel Crego Martínez, foi o vencedor do VI Concurso de Lemas. Este será o lema que o Concello de Burela empregue o vindeiro ano nas actividades organizadas no día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Ao acto desenvolvido onte asistiron varios concelleiros bureleses así coma veciñas e veciños da localidade.

Exit mobile version