A primeira delas consistiu nun taller de cociña con sobras, no que participaronos usuarios de Eu Son. Desde Gaia sinalan que “pareceunos moi importante fomentar a reutilización dos restos de comidas, xa que unha parte do que tiramos ao lixo son facilmente reutilizables, só é necesario un pouco de inxenio para converter esas sobras nunha deliciosa comida”.
A segunda actividade foi o visionado dun documental sobre a nosa pegada ecolóxica e a realización dun taller de reutilización de latas de refresco cos usuarios de Camiña. As monitoras de Gaia explican que “gran parte do que tiramos ao lixo son envases e cun pouco de imaxinación podemos darlles unha segunda vida. De feito nós imos converter as latas nun confortable sillón, onte comezamos a facelo e segundo vaiamos recollendo latas iremos avanzando na nosa obra”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, subliña que “para a prevención de residuos é moi importante seguir a máxima dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar e nesta orde. Non debemos de esquecer que xeramos moito lixo e que desfacernos del é un dos grandes problemas desta sociedade”.