O vindeiro sábado, 12 de novembro de 2016 celébrase o III Mercado de Outono polas rúas de Ferreira con pasarrúas polo mercado.
Nesta ocasión, o mercado vai durar durante toda da xornada no que se poderán postos de produtos estacionais e postos de artesania variada.
Pola tarde, a partires das 16:00 horas contaremos con numerosos xogos populares e tradicionais que se van a desenrolar no aparcadoiro municipal da Avenida da Veiga. Estes xogos están orientados para un público un pouco máis infantil e xuvenil.
Ó rematar o mercado comezará unha ruta de tapeo con produtos de tempada amenizada por grupos de cantos de taberna que percorrerán os 12 locales participantes.
Tamén na hostalería, contaremos cun pasaporte para ir selando polos distintos locales hostaleiros que nos van a dar dereito a participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas. A condición indispensable para participar no sorteo e que o pasaporte estea selado polos 12 locais participantes.