Site icon Crónica3.com A Mariña

Frutas Jose FSF 2 – 3 UD Pastoricense

O Frutas Jose FSF acadou un sufrido triunfo na dificil cancha da U.D Pastoricense o que o fai seguir nos postos altos da taboa clasificatoria logo de catro encontros disputados, nos que as de Viveiro non coñecen todavía a derrota.

O encontro púsoxe de cara para as viveirenses que se conseguiron adiantar moi rápido no marcador por mediación de Mery, tras unha contra moi ven levaba por todo o equipo.

Este gol fixo que as locais subiran a su liña de presión e crearan problemas na saida de balón do Frutas Jose o que supoxo que antes de descanso xa lle deran a volta ao marcador e se retiraran aos vestiarios cun 2-1 favorable.

As xogadoras iniciaron a segunda metade dispostas a remontar o partido e sacar algo positivo deste desplazamento, polo que apretaron mais en defensa e dominaron a un equipo local que parecia especular co resultado, cunha defensa a media pista e apenas tomando riscos en ataque, a fin de dificultar o xogo das rivais. Pese a todo as viveirenses encontraban ocos por onde chegar con perigo a meta local, sendo María Balsa quen poñía o empate a dous goles mediada a segunda metade e Mery poñería o 2-3 definitivo a escasos minutos do remate do partido, gol que fixo reaccionar as locais que nos úlitmos intres do encontro atacaron con porteira – xogadora, pero a boa defensa do Frutas Jose non deu ninguna opción ao posible empate rival.

Frutas Jose.: Laura, Nerea, Mery, Marta e Rosana. Tamén xogaron.: Bea, María Balsa, Andrea e Sandra.

Exit mobile version