Site icon Crónica3.com A Mariña

Frutas Jose FSF 5 – 0 Rábade FSF

Cómodo triunfo do Frutas Jose FSF por 5-0 diante do Rábade FSF, que apenas puxo en apuros a un Frutas Jose que segue nos postos altos da taboa clasificatoria.

As locais partían como favoritas ante o pechacancelas da categoría e o econtro foi un fiel reflexo da distancia que separa a ambos equipos na clasificación, cun Frutas Jose dominador do tempo do partido e da posesión do balón, diante dun Rabade que apenas inquedaba a portería de Laura e que pronto veu como se adiantaba o equipo local mediante un gol de Rosana a saida dun corner.
Antes do descanso as locais acadarían dous novos tantos, para chegar ao descanso cunha cómoda renta de 3-0.

A segunda parte sigueu o mesmo guión ca primeira, cun equipo visitante incapaz de reaccionar diante do xogo das viveirenses e que vía como encaixaba dous novos goles, que poderían haber sido mais de non mediar as boas intervencións da porteira visitante, que foi a xogadora mais destacada do Rábade FSF.

Frutas Jose FSF.: Laura, Marta, Rosana, Mery, María. Tamén xogaron.: Andrea, Bea, Anais, Saray e Iria (ps)

Goles.: Mery (2), Maria, Marta e Rosana.

Exit mobile version