Site icon Crónica3.com A Mariña

Galipizza lanza un “triatlón gastronómico” como novo reto aos seus clientes

comboA partir desta semana os locais de Galipizza adican os mércores á oferta gastronómica de cociña Tex-Mex. A nova promoción lánzase baixo o título de “Xantolo”, que propón a reunión de amigos nunha mesa para compartir pequenas porcións das recetas mexicanas de Galipizza: taco, aliñas rancheras, fajita, quesadilla, nachos… ademais de hamburguesas e pizzas cun toque tex-mex.

A partir desta semana cada unha destas mini racións pódese adquirir ao prezo de 1,90€ só os mércoles Gali-Tex-Mex. Pero tamén se ofertan “combos” de 3 oou 6 mini racións a mellor prezo.

O “Xantolo” é unha popular celebración cultural da rexión mexicana da Huasteca para conmemorar o Día dos Mortos: a sagrada reunión entre os vivos e os que xa non están, e que significa unión, participación, hospitalidade, gastronomía… todo o que da sentido á existencia.

Reto Triatlón
Ademais desta unión de gastronomía e cultura popular mexicana, Galipizza tamén presenta o seu “Xantolo” como significado de “Xantar ao Tolo” e por iso lanza un novo reto gastronómico aos seus clientes máis valientes baixo o nome de “Triatlón Gali-Tex-Mex”. O reto consiste en comer unha Pizza Tijuana Grande, unha GalizBur Mex e un Compostelano de criollo con ovo roto e jalapeños crocantes. Ademais de entrar no “Salón da Fama” de Galipizza, a quen supere o reto en menos de 60 minutos sairálle gratis o seu xantar, mentres que quen non o consiga deberá pagar os 18 euros que custa este Triatlón.

Galipizza ideou este formato de Triatlón tamén como homenaxe ao numeroso grupo de atletas de Galicia que triunfan mundialmente nesta disciplina deportiva: Javier Gómez Noya, Iván Raña, Uxío Abuín, Saleta Castro, Susana Rodríguez Gacio, Gustavo Rodríguez, Pablo Dapena, Aida Valiño, Camila y Melina Alonso, Antonio Serrat ou Antón Ruanova, entre outros moitos e moitas, son algúns dos nomes que menciona Galipizza nas súas promos nas redes sociais e que destacan entre os mellores triatletas do mundo e de España. Agora máis ca nunca “Galipizzear” debería ser considerado Deporte Olímpico. A partires deste mércores comprobaremos se os clientes de Galipizza están preparados para superar este novo reto.

Exit mobile version