A Acial de Lourenzá organizaba dous eventos este domingo 6 de novembro: 277 persoas puideron degustar ás 14.00 horas unha paella Xigante no recinto feiral feita polo Catering Sarredo de A Pontenova e ás 17.30 horas deu comenzo a segunda edición da Vilou Fashion, un desfile para presentar as novidades para este outono-inverno tanto en calzado, roupa como en peiteados e maquillaxe, nel participaron 6 tendas e 3 peluquerías socias da ACIAL. A pasarela foi deseñada e realizada por Muebles Huertas, a decoración floral foi a cargo de Cabaleiros Xardín.
O desfile contou con gran afluencia de xente, sendo a entrada do mesmo gratuita. Cada tenda participante donou un agasallo que foi sorteado ao final do mesmo. O Diñeiro recaudado tanto na paella como nas rifas que se venderon para os sorteos irán destinados á celebración do Carnaval 2017, o Domingo de Piñata de Lourenzá.
Dende a directiva da ACIAL agradecen a colaboración do concello de Lourenzá, da Asociación Conde Santo, de Muebles Huertas, de Cabaleiros Xardin, das tendas e peluquerías participantes, dos modelos, e de tódolos os que os acompañaron ese día tanto na paella coma no posterior desfile.
“Estamos moi contentos co resultado destes dous eventos, a resposta que tivemos foi moi positiva, danos ánimos para seguir traballando, para seguir facendo cousas en prol do noso comercio, dos nosos autónomos. Da ACIAL formamos parte 70 socios de sectores moi diversos polo que non sempre é doado buscar actividades ou realizar eventos que nos poidan beneficiar a todos. Lourenzá é un pobo pequeño, pero que por sorte ten un amplo abanico que cubre prácticamente tódolos sectores. Agardamos que este desfile fose un pequeno escaparate das moitas cousas que se poden encontrar en Lourenzá”.