Site icon Crónica3.com A Mariña

Izado da pancarta contra a violencia de xénero en Burela

pancra-burO izado da pancarta contra a violencia de xénero, que estará colgada na fachada da Casa do Concello durante toda a semana, tiña lugar este luns en Burela. A actividade enmárcase dentro dos actos para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia de xénero. O eslogan deste ano é “Desmárcate!! Deixa a violencia fóra de xogo”, que foi o lema gañador do concurso convocado polo Concello de Burela o ano pasado para celebrar esta data. No izado estiveron presentes o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Igualdade, Patricia Otero, así coma outros edís e representantes das distintas asociacións do municipio.

Exit mobile version