Site icon Crónica3.com A Mariña

Llano pide á Xunta a posta en marcha canto antes do novo acceso ao porto

Burela, 22 de novembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, pide aos responsables da Xunta que axilicen os traballos de pintado que restan para que entre en funcionamento o novo acceso ao porto.

Alfredo Llano declarou que “basicamente agora mesmo que xa están todas as obras acometidas, está todo perfecto, falta soamente pintar o que é o acceso ao porto e a sinalización horizontal”.

O rexedor burelés dixo que “estamos impacientes porque loxicamente unha vez que está rematada a obra, o que queremos é que sirva para o cometido para o cal foi construído que non é outro que comunicar a estrada N-642 co noso porto, e que lle da unha boa alternativa ao noso tráfico aquí en Burela”.

Llano indicou: “como consideramos que unha vez que está rematada non ten sentido que siga pechada ao uso, estamos impacientes para que nos diga a Xunta de Galicia cando quere abrila. A min paréceme moi ben que veñan inaugurala e entre todos darlle unha benvida a esta obra, porque pouco menos que hai que facer unha celebración, dado que foi unha obra na que transcorreron vinte e tres anos desde que se comezou ata que rematou”.

O alcalde de Burela insistiu en que “estamos impacientes no aspecto de que queremos xa que se abra, que se use, que faga o labor que ten que facer que non é outro que dar un servizo ao pobo. Queremos reclamar un pouco esa atención e rapidez aos responsables da Xunta para que dean xa a orde de pintar e rematar con pendente para poder abrila”.

Alfredo Llano considera que “foi unha obra case de categoría colectiva porque todo o mundo dalgunha maneira está agardando por ela como se fora súa, todo o pobo estamos esperando a poñela en funcionamento”.

Exit mobile version