Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 30 profesores de automoción de Galicia e Asturias, en Ribadeo nas IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos

Máis dunha trintena de profesores de automoción de Galicia e doutros puntos da xeografía galega e asturiana asistiron este sábado en Ribadeo ás IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos, que se desenvolveron no hotel O Cabazo. Como ponentes participaron mestres chegados de Austria, Croacia e Portugal, que aproveitarán a súa estancia en Ribadeo para conocer de preto esta zona. Ademáis houbo unha vídeo conferencia con profesores de Murcia e Pamplona.

Na cita abordáronse aspectos como a FP en Croacia, Austria e Portugal e os proxectos “Aprender a aprender na FP”, “Innovación e coñecemento na FP”, “Coñecemento e formación para a empregabilidade”, “Networking on mobility and innovation in vocational training”. Esta mañá asistiron e intervieron no acto de inauguración o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; a deputada mariñana responsable da Área de Economía e Facenda da Deputación Provincial de Lugo, Mayra García; a primeira tenente de alcalde do Concello de Ribadeo, Ana Martínez; e o primeiro tenente de alcalde do Concello de Barreiros, José Manuel Gómez Puente. Como convidados pasaron por estas xornadas varios concelleiros ribadenses e o deputado autonómico popular Daniel Vega.

Os ponentes austríacos, croatas e lusos acompañados polo presidente de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, e outros membros da directiva visitarán mañá, domingo, Ribadeo e a praia das Catedrais, e tamén Mondoñedo.

Exit mobile version