López Izquierdo sinalou que “este proxecto está concibido para divulgar coñecementos sobre o patrimonio natural da provincia de Lugo nos cursos de Educación Secundaria. Nas dúas edicións anteriores puxemos en valor a historia da provincia e na actual convocatoria propoñemos un discurso narrativo e educativo que amplía os anteriores cara a un mellor coñecemento do gran patrimonio do territorio que compartimos na provincia”.
Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual Viaxe ao patrimonio natural lucense, un caderno de viaxe no que o personaxe condutor de todos os manuais creados para esta actividade nos cursos pasados, Alba, vai percorrendo a provincia e coñecendo os espazos naturais da mesma facendo fincapé nos espazos protexidos, nas augas e na biodiversidade da nosa provincia, así como no valor patrimonial dos mesmos e a importancia cultural que supoñen. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do profesorado contendo pautas para utilizar o libro manual, que xa recibiron todos os alumnos inscritos e os seus profesores.
Do 21 ao 25 de novembro
O primeiro día os alumnos farán unha pegada dos carteis nos centros escolares. Durante a semana lectiva lerán e analizarán o libro-manual, realizarán as actividades, elixirán unha ou varias rutas e construirán murais con fotos ou debuxos do patrimonio natural para realizar unha exposición colectiva. Por último prepararán un pleno provincial coa conservación do patrimonio natural como tema central.
O vindeiro 25 de novembro, como conclusión do proxecto e as actividades, ás 12:00 horas, os centros participantes procederán á realización dunha serie de actos relacionados cos traballos realizados ao longo da semana escolar. Inaugurarán a exposición de murais colectivos, lerán os mellores traballos individuais realizados e farán unha representación aberta para todo o centro dun pleno da corporación provincial realizado por alumnas e alumnos seleccionados.
Obxectivos
Os obxectivos desta iniciativa é divulgar entre a mocidade a realidade e diversidade da natureza na provincia de Lugo, espertar a curiosidade máis aló dos fenómenos esquemáticos, técnicos ou universais da materia de Ciencias naturais, fomentar o interese por unha realidade que nos circunda e que, por cotiá, non resulta apreciada en todas as súas dimensións e impulsar a necesidade da conservación do hábitat natural como ben presente e de futuro.
Centros inscritos
– IES Plurilingüe Fontem Albei do Concello da Fonsagrada
– IES Fonmiñá do Concello da Pastoriza
– IES Enrique Muruais do Concello da Pontenova
– IES Alfoz – Valadouro do Concello de Alfoz
– IES de Becerreá do Concello de Becerreá
– IES da Terra Chá, José Trapero Pardo do Conello de Castro de Rei
– IES Marqués de Sargadelos do Concello de Cervo
– IES Val do Asma do Concello de Chantada
– IES de Foz do Concello de Foz
– CPR Plurilingüe Martínez Otero do Concello de Foz
– CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar do Concello de Foz
– IES Poeta Díaz Castro do Concello de Guitiriz
– CPR Plurilingüe Divino Maestro do Concello de Lugo
– IES Sanxillao do Concello de Lugo
– CPR Galén do Concello de Lugo
– CPR La Inmaculada do Concello de Lugo
– CPR María Auxiliadora do Concello de Lugo
– CPR Plurilingüe Padres Franciscanos do Concello de Lugo
– CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón do Concello de Lugo
– IES Ánxel Fole do Concello de Lugo
– IES Leiras Pulpeiro do Concello de Lugo
– IES Lucus Augusti do Concello de Lugo
– IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes do Concello de Lugo
– IES Xoán Montes do Concello de Lugo
– CPR Plurilingüe San José do Concello de Lugo
– CPR Divina Pastora do Concello de Lugo
– IES Pedregal de Irimia do Concello de Meira
– IES San Rosendo do Concello de Mondoñedo
– IES Río Cabe do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Ferroviario do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Padres Escolapios do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos do Concello de Monforte de Lemos
– IES A Pinguela do Concello de Monforte de Lemos
– IES Francisco Daviña Rey do Concello de Monforte de Lemos
– IES de Monterroso do Concello de Monterroso
– IES do Camiño do Concello de Palas de Rei
– IES Río Miño do Concello de Rábade
– CPR Sagrado Corazón de Jesús do Concello de Ribadeo
– IES de Ribadeo Dionisio Gamallo do Concello de Ribadeo
– IES Xograr Afonso Gómez de Sarria do Concello de Sarria
– CPR La Merced do Concello de Sarria
– IES Gregorio Fernández do Concello de Sarria
– CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción do Concello de Sarria
– IES Lois Peña Novo do Concello de Vilalba
– IES María Sarmiento do Concello de Viveiro
– IES Illa de Sarón do Concello de Xove.