Durante a xornada, repartiron lazos violetas, guías contra a violencia de xénero e a súa prevención editadas por Mujeres en Igualdad, e tamén ofreceron información ás persoas que se achegaron a esta mesa para solicitala.
Finalizaron a xornada, co baile dunha coreografía interpretada por voluntarias desta asociación, que leva por titulo: “Abre os teus ollos”, coa que tentan trasladar unha mensaxe de que hai saída á violencia de xénero. Que tes que abrir os ollos e dicirlle basta á violencia!
Mujeres en Igualdad Burela ofrecerán este sábado 26 ás 19.00 horas no Casino de Viveiro unha mesa redonda sobre violencia de xénero, e presentarán unha nova asociación de Mulleres en Igualdade en Viveiro.
O luns 28 tócalle a quenda a Lourenzá a onde foron convidadas pola Asociación de Amas de Casa do Bao de Lourenzá, ofrecerá ás 20.00 horas, unhas xornadas de prevención da Violencia de Xénero, nas que participarán tamén o grupo de Teatro Ardora de San Cibrao, Susana López Abella e Mujeres en Igualdad Burela.