Site icon Crónica3.com A Mariña

Música, poesía, documental e obradoiro de coaching entre as actividades do CIM de Viveiro polo 25N

PROGRAMACIÓN ACTOS 25 DE NOVEMBRO “DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” en Viveiro

XOVES, 24 DE NOVEMBRO
Salón Multiusos do Concello. 20.45 horas

– CONCERTO “Os homes tamén din NON á Violencia de xénero”, a cargo dos músicos DAVID BELLAS, DAVID CATÁ e JUAN CABALAR e o grupo ESCOLMA DE MEUS.

– Lectura de poesía a cargo de ROSA LAGE.

– Para finalizar, lectura de manifesto contra a violencia de xénero a cargo do pintor ROQUE A. BARREIRO FANEGO.

VENRES, 25 DE NOVEMBRO
Salón Multiusos do Concello. 20.30 horas

– PROXECCIÓN do Documental “MAMÁ, DUÉRMETE QUE YO VIGILO” (Documentos TV), seguido dun COLOQUIO a cargo dos ponentes:

+ Don CARLOS SUÁREZ-MIRA RODRÍGUEZ. Maxistrado da Audiencia Provincial de A Coruña. Sección 2ª. Orde penal. Maxistrado-Xuíz de Violencia sobre a Muller no Xulgado de Instrucción nª 2 de Ferrol (2011-2014). Profesor titular de Dereito Penal en excedencia, na Universidade de A Coruña. Profersor titor de Dereito Penal na UNED desde 1993.

+ Dona JUANA BLANCO CARRIQUI. Terapeuta habilitada do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO
Salón Multiusos do Concello. 17.00 horas

– OBRADOIRO DE COACHING “PODEMOS DICIR NON” impartido por dona TERESA PÉREZ RODRÍGUEZ, psicóloga, coach e psicoterapeuta ao frente do centro E-MÓVERE de Viveiro. ABERTO AO PÚBLICO FEMININO EN XERAL.

Anotacións no CIM Viveiro (Avda. Cervantes, s/n- Claustros San Francisco, ou nos teléfonos 982 55 04 21- 982 56 21 49, en horario de 9:00 a 14:00 horas ata o venres 25 de novembro.

Exit mobile version