Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés dedica unha xornada aos cogomelos

Por terceiro ano consecutivo, a asociación Nordés adica unha xornada ás setas e cogumelos, na cal haberá unha parte teórico-práctica baixo a dirección do micólogo, e outra na que o bó xantar terá o protagonismo.

Deste xeito, gozaremos da recolleita na mañá do sábado 26 de novembro, cun grupo de 25 persoas, polos hábitats que elixa o noso experto José Luis Cuba. O noso punto de reunión para quenes se anoten, pois é precisa dada o número de prazas, será ás 8 da mañá no Restaurante “A Goleta” do Barqueiro, aconsellando levar roupa axeitada, unha navalla e un cesto.

E se pola mañá recollimos os productos, ás 19.30h. o Nordés achégaos á cociña do Restaurante “Orillamar”, en Espasante, para que sexan os ingredientes principais na demostración gastronómica para un grupo de 25 persoas.

Para asistir a ambas actividades ou a unha soa é preciso chamar ao 653756454 (Ricardo). O custe da saída ao monte é de 5€ e gratuíto para socias e socios. Tamén é de balde, para 25 persoas, a demostración gastronómica no Orillamar.

Por último, haberá tamén a posibilidade para un número maior de xente de disfrutar dun menú cuxa base son os cogomelos. Ás 22:00h., o Restaurante “Orillamar” terá preparado para 75 persoas un menú que estará composto de: crema de tres cogomelos, revolto de níscalos, salteado de boletus con xamón, xarrete en salsa de cogomelos e crema de iogur con castañas, algas e boletus. O seu custe é de 20€ por persoa e tamén é preciso anotarse no número de teléfono 653756454 (Ricardo).

Por se a saída, a demostración e a cea non vos convencen pero queredes degustar algunha elaboración con cogomelos, o Restaurante “Orillamar” terá, dende as 20:30h. ata as 22:00h., as seguintes tapas á vosa disposición (a 1,5€/unidade): tosta de cogomelos con xamón, queixo de Arzúa e cebola caramelizada, pementos recheos e chícharos con xamón e chantarela.

Exit mobile version