O domingo 13 de novembro o grupo de montaña do CDB Marqués de Casariego participan no VIII ENCONTRO SENDEIRISTA ASTUR-GALAICO, organizado polos nosos compañeiros de Pena Furada. E o vindeiro sábado 19 de novembro desprazaranse a Moreda para celebrar a xa tradicional Comida de Irmandade cos nosos amigos. É conveniente que os que queiran participar avisen canto antes para a reserva co restaurante. O sábado 26 de novembro celebrarán unha conferencia sobre cogomelos no salón de Plenos do Concello de Tapia ás 20.00 horas a cargo de D. Jesús García Branco e ás 22.00 horas a Cea Micolóxica ou Alternativa que poñerá fin ás Xornadas Micolóxicas deste ano no Restaurante El Álamo.