Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz organiza unha mesa redonda para debater un novo modelo urbanístico

16 de novembro de 2016. O BNG de Foz organiza o próximo sábado 19 de novembro, a partir das 18.00h na casa da Cultura, unha mesa redonda para falar da inminente humanización das Avenidas da Mariña e de Álvaro Cunqueiro.

Nesta mesa redonda, que contará coa presenza de representantes da ACIA e da Asociación de Veciños O Castro, así como do arquitecto Xaquín Moreda, explicarase en que consiste o proxecto de humanización tal como está agora mesmo e plantexarase a necesidade de empezar a estudar novos cambios de cara á consecución dun urbanismo máis humano e ordenado.

“Todas as obras que se fagan en Foz son benvidas, mais neste caso a humanización é máis un cambio estético que un cambio de modelo urbanístico. Pensamos que este é o momento perfecto para empezar a estudar o urbanismo do futuro, un urbanismo onde se lle dea prioridade ao peón, e para iso hai que facer un estudo de mobilidade, un plan de tráfico, crear aparcamentos disuasorios suficientes que eliminen o tráfico do centro, etc.”, sinalan as concelleiras nacionalistas.

“Invitamos a todos os veciños que estean interesados en informarse e achegar os seus puntos de vista a acudir a esta cita, o sábado 19 de novembro ás 18.00h, na Casa da Cultura”, rematan Lorena Seivane e Teresa Rego.

Exit mobile version