Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar iniciará en breve as obras para a instalación dun novo sistema de climatización no centro de día de Ribadeo

A Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, iniciará en breve as obras para a instalación dun novo sistema de climatización completo no centro de día de Ribadeo, integrado na rede autonómica do ente público. Así llo anunciou ao alcalde de Ribadeo o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, nunha recente visita a ese concello.

Esa actuación, incluída no Plan de Inversións do Consorcio -executado principalmente durante o pasado verán- suporá un desembolso que supera lixeiramente os 48.000 euros, coa previsión de rematar as obras antes de remate este ano.

A instalación do novo sistema de climatización mellorará notablemente o confort dos maiores á hora de realizar as súas actividades diarias no centro, ao tempo que tamén mellora as condicións de traballo para a prestación do servizo por parte dos profesionais do Consorcio.

O centro de día de Ribadeo, que está en funcionamento dende o ano 2003, foi asumido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en febreiro do ano 2008. No ano 2014 ampliouse a súa ocupación máxima, dende as 18 prazas iniciais, ás 25 actuais. Este ano, as instalacións contan cun total de 19 usuarios.

Exit mobile version