Site icon Crónica3.com A Mariña

O consumo enerxético centra a charla impartida polas monitoras de Gaia no IES Perdouro

charlaBurela, 22 de novembro de 2016. As monitoras do Centro Gaia impartiron este luns para o alumnado de 4º de ESO do IES Perdouro unha charla en formato power-point denominada Consumo Enerxético.

Desde Gaia indican que “temos que ter en conta que utilizando fontes de enerxía renovables como a eólica, a xeotérmica, a hidroeléctrica, a mareomotriz, a solar, a biomasa e os biocarburantes, todas obtidas de fontes naturais inesgotables capaces de rexenerarse naturalmente, redúcense as emisións de gases con efecto invernadoiro; fronte á enerxía obtida do petróleo, o carbón e o gas natural, fontes susceptibles de esgotamento e que ademais deterioran o medio ambiente”.

A concelleira Noelia Mª Ben subliñou que “o aforro enerxético supón un aforro de recursos naturais para salvagardar o medio ambiente e fomentar un desenvolvemento sustentable. Por este motivo, debemos ser responsables mediante un consumo da enerxía moderado”.

A través desta actividade cos rapaces e rapazas do IES Perdouro preténdese fomentar o uso racional da enerxía nos fogares. “O obxectivo é ensinar á poboación como aforrar na factura enerxética contribuíndo ao mesmo tempo á protección do medio ambiente”, engadiu a concelleira de Medio Ambiente de Burela.

Exit mobile version