Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, pola Ría de Ortigueira-Ladrido

ortigueiraÁbrese o prazo de inscrición para próxima ruta, que organiza o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, e que será o domingo 13 de novembro. A última desta temporada discorrerá por Ortigueira (A Coruña): a “Senda Litoral da Ría de Ortigueira” cun total de 13 km. e dificultade baixa. Con saída e chegada na Vila de Ortigueira, camiñando por unha senda “pegadiños” a ría, pasando pola Lagoa de San Martiño, pola Praia de Morouzos, enfronte a Illa de San Vicente, e a pequena Ría de Ladrido. A Ría de Ortigueira e unha das rías máis importantes de España, pola sua biodiversidade natural, dentro da Red Natura 2000 e zona ZEPA (protección de aves). Ao final da ruta despediremos a tempada comendo nun coñecido Restaurante da Vila de Ortigueira. Os interesados poderán pedir información ou inscribirse na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 618 97 61 59.

Exit mobile version