Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Monte Castelo acollerá en xaneiro un curso federativo de monitor de fútbol base

pres-cursoburelaBurela, 9 de novembro de 2016. O Concello acolleu este mércores a presentación dun curso de federativo de monitor de fútbol base que se impartirá en xaneiro no IES Monte Castelo. No acto participaron Manolo Vilachá, que é membro da Federación Galega de Fútbol; Manuel Mosquera, presidente da Escola Galega de Adestradores; José Manuel Ares, presidente da AFD Porto de Burela; e Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes.

O edil socialista amosouse satisfeito “pola posta en marcha destas iniciativas, que son moi positivas para a formación das persoas que traballan cos rapaces. Desde o Concello estamos dispostos a seguir apoiando este tipo de actividades”.

Exit mobile version