Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mercado de Outono do Valadouro trasládase á carpa situada diante o antigo Matadoiro

O MERCADO DO OUTONO que se celebrará o día de 12 de novembro, trasladará, debido as novas previsións meteorolóxicas negativas e con anuncio de choiva, os postos de venda con produtos de tempada e artesanía da Rúa Andrés López Palmeiro a carpa situada diante o antigo Matadoiro (explanada no Parque Concepción Arenal), e tamén os xogos e actividades infantís e xuvenís, os cales finalmente se levaran a cabo na carpa e no pavillón municipal, o resto de actividades previstas seguirán a plan previsto excepto o Magosto que pasa de ser no aparcadoiro ubicado o carón da piscina municipal a carpa anteriormente mencionada.

A programación continúa según os horarios previstos na programación establecida para a actividade de toda a xornada… Mercado de outono, pasarrúas, xogose actividades infantís, ruta de tapeo, magosto popular e concerto coa orquestra Maseda e o grupo Tumba de Dalle.

Exit mobile version