Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade proxecta ‘Difret’ na UNED de Foz

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza, coa colaboración da UNED e Radio Foz, a terceira proxección VIII VÍDEO FÓRUM MULLERES NO MUNDO, “Difret” o xoves 17 de novembro a partir das 19.00 hora no Salón de Actos da UNED en Foz.

En Adis Abeba, a avogada Meaza Ashenafi creou unha rede de axuda a mulleres e nenos pobres, que necesiten a axuda dun letrado. Enfróntase a un acoso constante por parte da Policía e do Goberno. Aínda así, atrévese a defender a Hirut, unha moza de 14 anos á que secuestraron e violaron cando regresaba do colexio e que conseguiu matar aos seus raptores antes de escapar. A pesar de actuar en defensa propia, Hirut pode ser condenada á pena de morte.
Após o visualización do filme haberá debate sobre o contido da obra e ofrecerá-se bebida quente e petisco.

FICHA TÉCNICA
TÍTULO: Difret
DIRECCIÓN: Zeresenay Mehar.
PRODUCCIÓN:Haile Addis Pictures
GUIÓN: Zeresenay Mehar.
DURACIÓN: 99 min.
PAÍS: Etiopía.
ANO DE PRODUCCIÓN: 2014.
XÉNERO: Drama.
MÚSICA: David Schommer, Dave Eggar.
FOTOGRAFÍA: Monika Lenczewska
REPARTO: Meron Getner, Tizita Hagere, Haregewine Assefa, Brook Sheferaw, Mekonen Laeake, Meaza Tekle.
Premios:
– 2014: Festival de Sundance: Premio do Público (Mellor filme internacional)
– 2014: Festival de Berlín: Premio do Público (Sección Panorama).

Exit mobile version